Vídeo presentación CEIP Píntegas

(Entrada escrita en galego)         


 

Neste vídeo mostrámosvos unha pequena presentación do noso centro, o que ofrece e o que está por ofrecer: CEIP Píntegas, un centro ó carón do entorno paradisíaco de Cabo Udra. Un colexio de gran sona pola súa promoción do deporte e a utilización das TIC nos seus proxectos. Neste caso estamos a
empregar un proxecto en concreto que trata sobre as producións audiovisuais e contidos multimedia, creados polo propio alumnado de Infantil e de Primaria -historias orixinais, adaptacións de contos populares, momentos para recordar, lendas do lugar...- aquí mesmo os deixamos con esta presentación feita por eles mesmos coa guía do profesorado.
O noso centro combina todos os elementos que ten ó seu redor grazas ao uso das TIC, implementadas directamente nas aulas. Neste mesmo blog podedes atopar información sobre o proxecto de implementación das TIC que estamos a levar a cabo no centro na nosa entrada de presentación.

Non deixes que cho conten, mírao.


Comentarios